27 jul 2011

Trogloditas

... pois resulta que o outro día, visitounos unha muller, por certo xoven e moi guapa, e que aínda que (e isto en plan cotilla) viña cunha vestimenta do máis estrafalaria e non moi axeitada para estas datas, cuberta cunhas peles, cremos que de  tigre;  impresionounos, pero intentamos que non se notara, e atendémola moi ben como facemos sempre (inda que isto non deberiamos dicilo nos).

Ela mostrouse tamén moi correcta e educada, o que confirma que a educación non está reñida coa apariencia dunha persoa, pero ben,  ó gran : ela quería saber se nós lle fariamos unhas carpetas, e ensinounos unha mostra: Amig@!!, facialle xogo co vestido e entón comezamos  entender do que se trataba!!. A carpeta era  -para que vos fagades unha idea- un trozo de pel (de tigre?) dobrada e atada cunha corda!!!


Aquela moza tan guapa, confirmounos  o que nós comezabamos imaxinar: era dunha tribu de TROGLODITAS, si, si, de TRO GLO DI TAS, vaia dos que viven nas cavernas. Non dabamos crédito!!. Contounos que a súa tribu estaba formada por ela e outros tres que nese intre saíran de caza, e por iso non viñeran (menos mal, porque se chegan vir todos xuntos, morremos do susto); a tribu polo visto chámase " OS TANXARINA", e son nómadas... móvense de aquí para alá, de pobo en pobo, seica que non hai moito estiveron por Saxamonde. 

Feitas todas as aclaracións, falamos do encargo que viña facer, e puxémonos ó chollo, así que agora mesmo estamos a tope rematando o encargo. Aquí vos deixamos unhas fotos para que o vexades.










20 jul 2011

Benvid@s!!!!

Ola!!, benvid@ ó noso Blog, o blog do Centro Ocupacional da Asociación de Familiares e Enferm@s Mentais Lenda. 
A Asociación á que pertencemos leva traballando moitos anos na rehabilitación de persoas con enfermidade mental, pero o Centro Ocupacional só leva tres meses funcionando, máis tan intensos... que nos parece que van moitos máis.


Vos preguntaredes a que nos adicamos, pois ben a cousa é a seguinte:
Hai xa algúns anos, sete para ser maís exactos, comezamos deseñando e imprimindo as nosas felicitacions de Nadal, o resultado gustounos e a experiencia foi moi gratificante. 
Facémolas gravando nunha prancha de linóleo ou madeira, ou creando formas con texturas ata consegui-lo  motivo, que despois entintamos e pasamos polo tórculo para imprimir.
Como xa dixemos, nun principio faciámolas para nós, pero pouco a pouco foron chegando os encargos dende algunhas  Concellalías, da Asociación de Empresarios, e tamén de particulares. 
Este último nadal tivemos que traballar duro para dar feito os encargos.



Outra das nosas actividades é a encadernación, agora mesmo estamos traballando nunhas libretas que facemos partindo de tetrabriks e que forramos con recortes de revistas. Fácemolas en dous tamaños e a verdade é que quedan moi vistosas, ou eso é o que nos parece a nós.


Tamén facemos xabóns artesáns, 100% naturais, elaborados en frío de xeito que todo-los ingredentes conservan as súas propiedades, ó non estar sometidos a altas temperaturas.
Comezamos elaborando un xabón feito a partir de aceite de oliva usado, o típico xabón que antes se facía en moitas casas, aproveitando as graxas dos animais.
Agora, ademáis do reciclado, que seguimos facendo, temos outras variedades: Romeu, Leite de Cabra, Peles Maduras, Loureiro, Oliva, Caléndula, pero sempre partindo do Aceite de Oliva Virxen Extra.

Collemos encargos para eventos como vodas, bouticeiros, comuñóns...etc, para isto necesitamos un tempo mínimo xa que os xabóns queren catro semanas de curación.
Agora mesmo estamos elaborando uns de caléndula para unha voda de setembro, van sobre unha xaboneira de madeira de castiñeiro, pero de castiñeiro do Courel!!!, que  nos preparan os nos@s compañeir@s do Centro de Rehabilitación, envoltos cunha tea de tul, e cunha tarxetiña coa data e o nome dos noivos.


Pois... o dito, BENVID@S!!!!,