29 nov 2011

Bálsamo labial

Esto é o último que fabricamos, un Bálsamo Labial feito con Aceite de Ámendoa doce, de Ricino, de Argán, Manteca de Cacao e Cera de abella.

Agasallos solidarios

Xa temos preparadas as cestas cos xabóns para  agasallos de nadal!!!!, engadímoslles un gravado e este é o resultado:










Hainas de diferentes precios, entre 4 e 14 €

O día 16 no II CONCERTO SOLIDARIO CON LENDA, que ofrecerá a Rondalla no Multiusos da Xunqueira, poñeremos unha mesa onde poderedes miralas millor, e mercalas se vos peta.

Tamén podedes adquirilas no noso local de Prego de Montaos 15-17 en horario de Lúns a Venres de 9,30 é 13,30 e os martes e xoves pola tarde entre 16,30 e 19,30

13 nov 2011

Xaboneando!!!

Hoxe queremos presentarvos os nosos Xabóns.
Xabóns 100% Vexetais / Naturais / Artesanais 

Os Xabóns que elaboramos están feitos partindo de aceite de oliva virxe extra, ó que lle engadimos outros aceites e graxas vexetais (aceite de améndoas, de aguacate, de coco, de argán, manteiga de cacao, cera de abellas...). Están elaborados nun proceso en frío, co que aseguramos que os ingredentes non perdan as súas cualidades, deste xeito obtemos un xabon suave, que limpa, e  hidrata.

  

    

Elaboramos sete variedades de xabón:

Romeu.- Indicado para peles graxas, xa que o romeu é refrescante, suaviza as capas da pel e ademáis de limpar é moi hidratante



Loureiro.- Ten propiedades antisépticas, protexendo as células da pel contra as agresións externas. Moi nutritivo e suave. Recomendado para peles secas e sensibles.



Caléndula.- Indicado para todo tipo de peles, a caléndula ten propiedades curativas e antiinflamatorias, antisépticas e rexeneradoras. Moi hidratante e nutritivo.



Leite de Cabra.- Indicado para todo tipo de peles. O leite de cabra ademáis de hidratación aporta humectantes e emolientes.



Peles Maduras.- Indicado para peles secas que co paso do tempo perderon elasticidade, nutre en profundidade. Evita a sensación de acartoamento e preserva a epiderme.

         


Argán.- Esta variedade é a última que elaboramos, e fixémola cun Aceite de Argán que nos trouxeron de Mauritania, aínda está curando (os xabóns necesitan un período de curación de aproximadamente 30 días). O Aceite de Argan é coñecido como o "Ouro Líquido". E un potente antioxidante polo seu alto contido de vitamina E, e un alto porcentaxe de ácidos graxos esenciais. Indicado para todo tipo de peles.



Reciclado.- Elaborado partindo de Aceite de Oliva usado é un xabon para lavala roupa ou a louza.


A verdade é que estamos especialmente content@s dos nosos xabóns, así que esperamos que vos gusten. 
Estamos preparando uns lotes para agasallos de nadal, cando teñamos algún iremos subindo as fotos.
Saudos!!!

11 nov 2011

Obradoiro de Gravado

En pouco tempo pasamos do vrán o inverno, e o que non fai nada parecia lonxano, témolo agora ás portas: as festas de Nadal, o cambio de ano.... 


No Centro Ocupacional Lenda puxémonos  a traballar para ter a punto as tarxetas coas que desexarlles ós nos@s amig@s que 2012 sexa un BO ANO.


Deseñamos os motivos, gravámolos nas pranchas de linoleo, fixemos probas de impresión e retoques de última hora e xa estamos en disposición de imprimilas.


Se tí que estás lendo isto, tes pensado felicitar @s teus amig@s, coñecid@s, clientes, e queres facelo dun xeito tradicional, que mellor que cunha traxeta feita artesanalmente.

Non o deixes para última hora!!!, chámanos o 886 11 74 19 ou envíanos un correo a lendaco@gmail.com e sen compromiso darémosche presuposto.

Como podes ver nas fotos,os gravados levan un papel vexetal por riba, neste papel imprimiríamos o texto da falicitación.

Esperamos que vos gusten!!!!