13 nov 2011

Xaboneando!!!

Hoxe queremos presentarvos os nosos Xabóns.
Xabóns 100% Vexetais / Naturais / Artesanais 

Os Xabóns que elaboramos están feitos partindo de aceite de oliva virxe extra, ó que lle engadimos outros aceites e graxas vexetais (aceite de améndoas, de aguacate, de coco, de argán, manteiga de cacao, cera de abellas...). Están elaborados nun proceso en frío, co que aseguramos que os ingredentes non perdan as súas cualidades, deste xeito obtemos un xabon suave, que limpa, e  hidrata.

  

    

Elaboramos sete variedades de xabón:

Romeu.- Indicado para peles graxas, xa que o romeu é refrescante, suaviza as capas da pel e ademáis de limpar é moi hidratante



Loureiro.- Ten propiedades antisépticas, protexendo as células da pel contra as agresións externas. Moi nutritivo e suave. Recomendado para peles secas e sensibles.



Caléndula.- Indicado para todo tipo de peles, a caléndula ten propiedades curativas e antiinflamatorias, antisépticas e rexeneradoras. Moi hidratante e nutritivo.



Leite de Cabra.- Indicado para todo tipo de peles. O leite de cabra ademáis de hidratación aporta humectantes e emolientes.



Peles Maduras.- Indicado para peles secas que co paso do tempo perderon elasticidade, nutre en profundidade. Evita a sensación de acartoamento e preserva a epiderme.

         


Argán.- Esta variedade é a última que elaboramos, e fixémola cun Aceite de Argán que nos trouxeron de Mauritania, aínda está curando (os xabóns necesitan un período de curación de aproximadamente 30 días). O Aceite de Argan é coñecido como o "Ouro Líquido". E un potente antioxidante polo seu alto contido de vitamina E, e un alto porcentaxe de ácidos graxos esenciais. Indicado para todo tipo de peles.



Reciclado.- Elaborado partindo de Aceite de Oliva usado é un xabon para lavala roupa ou a louza.


A verdade é que estamos especialmente content@s dos nosos xabóns, así que esperamos que vos gusten. 
Estamos preparando uns lotes para agasallos de nadal, cando teñamos algún iremos subindo as fotos.
Saudos!!!

1 comentario:

  1. Que boa pinta teñen!!!, e está ben que fagades referencia os ingredentes, xa que a maioria dos xabóns están feitos con sustancias sintéticas. Seguide así!!!

    ResponderEliminar